​Xinzo de Limia acollerá este domingo a fase previa sur do Campionato Galego de Clubs de Fútbol Sala en categorías benxamín e prebenxamín

​Xinzo de Limia acollerá este domingo a fase previa sur do Campionato Galego de Clubs de Fútbol Sala en categorías benxamín e prebenxamín

Reunirá a equipos procedentes das delegacións de Ourense, Vigo e Pontevedra.

O Pavillón Municipal de Xinzo de Limia será escenario este domingo, 27 de abril, da fase previa sur do Campionato Galego de Clubs de Fútbol Sala nas categorías benxamín e prebenxamín. A competición está organizada pola Real Federación Galega de Fútbol e reunirá a equipos procedentes das delegacións de Ourense, Vigo e Pontevedra.

Ao longo da xornada, celebraranse encontros entre os clubs clasificados das diferentes delegacións, coa finalidade de determinar os equipos que accederán á fase final do campionato autonómico.

O calendario de partidos previsto é o seguinte:

  • 10:00 h | Benxamín: AX Saraiba do Mar FS vs IES Coruxo
  • 11:30 h | Prebenxamín: UD Ourense vs Cíos Vigo FS
  • 13:00 h | Benxamín: Campito Chapela FS vs Academia Futsal Ourense
  • 14:30 h | Prebenxamín: SD Pazos de Borbén FS vs ED Poio FS
  • 18:00 h | Final categoría benxamín
  • 19:30 h | Final categoría prebenxamín

Desde o Concello de Xinzo de Limia, que colabora na organización desta fase, anímase á veciñanza a asistir ao evento e apoiar aos equipos participantes nunha xornada que promove o deporte base, a convivencia e os valores educativos do fútbol sala.

Unnamed (12)