Unha das novidades desta edición é que a proba pasará por primeira vez pasará pola igrexa visigoda de Santa Comba de Bande.

A Baixa Limia convértese nun escaparate de promoción turística e deportiva na VIII edición da Ourense Strade Termal

A Baixa Limia convértese nun escaparate de promoción turística e deportiva na VIII edición da Ourense Strade Termal

A saída e a chegada será no hotel balneario de Lobios este domingo, 27 de abril

A VIII edición da marcha cicloturista “Ourense Strade Termal” reunirá a preto 400 deportistas de 16 provincias españolas, así como de localidades de Portugal e Francia. Este evento deportivo, que se celebrará este domingo, 27 de abril,  co apoio da Deputación de Ourense a través do Inorde e da Axencia de Turismo de Galicia, ofrece aos deportistas dous percorridos: un gran fondo de 115 kilómetros e 2.300 metros de desnivel e un mini fondo de 85 kilómetros e 1.500 metros de desnivel.

O Centro de Interpretación Aquis Querquennis, en Bande, acolleu a presentación da proba, que entre as novidades desta edición destaca que por primeira vez pasará pola igrexa visigoda de Santa Comba de Bande.

O deputado de Turismo e presidente do Inorde, Rosendo Fernández, valorou o “éxito” deste tipo de eventos na provincia e puxo en valor que esta alianza “permite seguir apostando pola especialización cicloturista do destino e, especialmente, da Baixa Limia”.

A Strade Termal percorrerá de novo a Baixa Limia, pasando polos concellos de Lobios, Muiños, Bande e Lobeira, atravesando a fronteira ata Tourem (Montalegre, Portugal), onde haberá un gran avituallamento.

Á presentación deste evento deportivo tamén acudiron alcaldes da Baixa Limia; o delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo; un representante de Xuventude e Deporte da Cámara Municipal de Montalegre e o capitán xefe do Subsector de Tráfico, Javier Barja.

Esta nova edición da “Ourense Strade Termal” levará aos cicloturistas apaixonados do “sterrato” a descubrir fermosas paraxes da Baixa Limia, á vez que se e conserva o seu carácter internacional, levando aos participantes novamente ata a Cámara Municipal de Montalegre.

A competición está dentro do Calendario Nacional da Real Federación Española de Ciclismo. A saída da mesma será ás 9,30 horas do 27 de abril, dende o hotel balneario de Lobios, con meta na mesma ubicación.

2 (4)