Degustación de Porco Celta na praza de abastos de Xinzo
O vindeiro luns 28 de abril Organizada pola Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (Asoporcel) co apoio da Deputación de Ourense e Cociña Ourense.
O Concello de Xinzo de Limia acollerá o luns 28 de abril, entre as 12:00 e as 13:30 horas, unha degustación gratuíta de produtos elaborados con Porco Celta na praza de abastos da vila.
A actividade está organizada pola Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (Asoporcel) no marco do proxecto “Mercado en Rural con Porco Celta”, co apoio da Deputación de Ourense e Cociña Ourense.
Durante o evento, o público asistente poderá degustar propostas gastronómicas elaboradas polo chef Samuel Moreno, do restaurante O Campanario (Luíntra, Nogueira de Ramuín), baseadas en carne desta raza autóctona galega.
A actividade busca poñer en valor a calidade dos produtos locais e tradicionais, así como dinamizar os espazos de mercado dos concellos do rural.