O Delegado Territorial da Xunta en Ourense reuniuse coa alcaldesa de Bande para avaliar posibles vías de colaboración
17:10 24/04/25
17:10 24/04/25
A reunión foi co fin de garantir o benestar de todos os vecños e veciñas de Bande.
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantivo hoxe unha reunión de traballo coa alcaldesa de Bande, Sandra Quintas, que serviu para analizar as principais demandas e necesidades do municipio naqueles ámbitos que son competencia da Administración autonómica e para avaliar posibles vías de colaboración.
Manuel Pardo, trasladoulle á rexedora o compromiso do Goberno galego de traballar de xeito conxunto no desenvolvemento de iniciativas co fin de garantir o benestar de todos os veciños e veciñas do municipio.