A Banda de Gaitas viaxa a La Rinconada (Sevilla)
Viaxe express da Banda de Gaitas con motivo da Feira de la Patata Nueva, levaran un anaco do folclore galego a Sevilla
A Banda de Gaitas de Xinzo desprazarase ata a La Rinconada (Sevilla), para facer un pasarrúas e un concerto na "Fiesta de la Patata Nueva".
Os nosos músicos sairán de viaxe hoxe a noite, 42 integrantes da Banda dirixiranse a Sevilla para facer un pouco de turismo. E o sábado xa na localidade de La Rinconada, ofreceran aos mais de 44.000 habitantes un pasarrúas, as 12h, e un concerto de de 40 min, as 13:00h, no recinto feiral onde se celebra o evento. O alcalde, Amador Díaz, tamén asistira a feira.
O viaxe será breve, xa que o domingo estarán de volta por terras limiás.
A feira terá lugar na Plaza Alonso Canos, na barriada de La Paz. Nesta ocasión Xinzo é convidado especial, para forxar unha alianza, dado que a Limia forma parte da Rede de Municipios Produtores de Pataca Nova, o cal se lle renderá unha homenaxa.