Renuncia a directiva actual de PROLIMIA

Asistentes a asemblea de PROLIMIA
Renuncia a directiva actual de PROLIMIA

Convoca eleccións para o 15 de maio

A directiva de PROLIMIA presidida por Concha Conde, presentou a súa renuncia este mércores nunha asemblea que considera de fin de mandato, na que se presentaron aos socios as contas da asociación, e na que se trataron diversos temas relacionados coas campañas do comercio deste ano e a feira de Prolimia de agosto.

Segundo Concha Conde a renuncia da directiva en pleno, simplemente é porque estima oportuno un cambio despois de 5 anos dende a súa toma de posesión. 

PRAZO DE 5 DÍAS

Na mesma asemblea informouse que segundo mandan os estatutos ábrese un prazo de 5 días para que se presenten candidaturas para a nova directiva, coa única condición de que sexan candidaturas pechadas de 5 membros. Unha vez rematados eses 5 días convócase xa a unha asemblea para votar ás candidaturas presentadas o 15 de maio ás 20:30.

PAGO COTA 2025

Tamén se aprobou que durante todo o mes de maio estará aberto o prazo para o pago de cotas que este ano será de 60 €/ano e que despois de que remate o prazo farase un novo listado de socios, dado que algún xa non pagou a cota do 24.

FEIRA PROLIMIA 2025

Aprobouse por maioría que a feira, denominada do comercio, se celebre outra vez o último fin de semana de agosto.