Ferida grave unha veciña de Xinzo por unha colisión na A-52

Ferida grave unha veciña de Xinzo por unha colisión na A-52

O tráfico restableceuse un par de horas despois. A muller atopase en estado grave.

Hoxe a tarde, as 19:47 h, na autovía A-52, punto quilométrico 183 (Trasmiras), produciuse unha colisión por alcance, un camión portacoches impactaba contra un turismo que se atopaba parado no arcén.

A consecuencia do sinistro, a condutora do turismo quedou atrapada e ferida de gravidade no interior do vehículo. Foi trasladada ao CHUO en helicóptero. 

A colisión provocou o corte do carril dereito, as 21:10 h o tráfico foi restablecido con normalidade.

O condutor do camión levaránselle a cabo as probas de alcoholemia e drogas, dando como resultado negativo.

Ata o lugar do accidente desprazaronse varias patrullas de Tráfico da Garda Civil de Verín, os Bombeiros do Parque de Xinzo, e os efectivos de mantemento da A-52.