Xinzo acolle o II Encontro Galaico-Portugués da Palabra este sábado na Biblioteca Pública Antelana

Xinzo acolle o II Encontro Galaico-Portugués da Palabra este sábado na Biblioteca Pública Antelana

O evento está dirixido a todo tipo de públicos e a participación é completamente gratuíta.

O Concello de Xinzo de Limia celebrará este sábado o II Encontro Galaico-Portugués da Palabra, un evento que busca poñer en valor a riqueza cultural e lingüística compartida entre Galicia e Portugal a través dunha programación diversa e participativa.

A cita terá lugar na Biblioteca Pública Antelana e inclúe mesas de diálogo sobre medios de comunicación e ensino do portugués, concertos, e unha mostra de cestería en directo. Participarán especialistas, artistas e artesáns de ambos lados da raia, convertendo Xinzo nun espazo de encontro e reflexión.

A actividade está organizada pola asociación cultural O Sobradelo do Tangaraño, en colaboración co Concello de Xinzo de Limia, e insírese dentro das accións de dinamización cultural e promoción da lingua que impulsa o municipio.

O evento está dirixido a todo tipo de públicos e a participación é completamente gratuíta.