Presentación do libro “O pensamento político de Ramón Piñeiro” en Xinzo de Limia
22:37 25/04/25
22:37 25/04/25
Onte a tarde na Biblioteca Antelana
A Biblioteca Pública Municipal acolleu a presentación do libro “O pensamento político de Ramón Piñeiro”, escrito polo investigador Serxio María Rodríguez Álvarez e publicado por Editorial Galaxia.
O acto desenvolveuse nun ambiente de interese e diálogo arredor da figura de Ramón Piñeiro, referente esencial do pensamento galeguista do século XX.
A actividade enmárcase dentro da programación cultural promovida polo Concello de Xinzo con motivo do Día Mundial do Libro, reforzando a aposta pola cultura e a reflexión crítica.