O apagón eléctrico encendeu a comunicación.

O apagón eléctrico encendeu a comunicación.

Posta en valor das cousas realmente importantes

En plena era dixital, un apagón de menos de 24 h supuxo un caos positivo para a comunicación.

Voltouse a falar de "tu a tu" coa xente, co veciño, co amigo. Os pais e nais volveron a manter conversas cos seus fillos, deste vez sen distraccións, sen pantallas, sen móbiles. Seguro que moitos deles descubriron cousas que non sabían ou coñeceron un pouco mais aos seus fillos.

A radio (a pilas), converteuse no único medio para informarse, moita xente "desempolvou" os seus transistores e sentouse a escoitalos, para saber que pasaba e o mesmo tempo non sentirse sós. Falar cos veciños tamén era outra opción, xa que pola rutina do día a día, moitas veces esquecémonos de que vivimos nunha sociedade. Os mais cativos foron os menos afectados, unha xornada de colexio breve e diferente, e unha tarde de parque mais longa do habitual, na que o tempo acompañou, e onde puidemos ver escenas que facía tempo que non se vian, os nenos e nenas volveron a xogar nas rúas.

Ata os cartos, que agora mesmo todo o mundo usa o móbil para pagar ou as tarxetas, non se podían usar, só se podía pagar en efectivo. Entón volveuse a "fiar" nas tendas, volveronse as vellas costumes.

Estas situacións poñen en valor as vellas costumes, voltar as rúas, a axudarse uns a outros, a "conectarse" co de sempre, costumes que aínda que a tecnolxía siga avanzando non deberiamos perder, e a posta en valor da vida no rural, que permite luxos que nas cidades non hai.

Os colexios da comarca, suspenderon hoxe as clases e o transporte escolar, polo que diferentes organizacións como Limisi, abriron Coxegas dende primeira hora da maña para axudar coa conciliación. Dende a Concelleria de Deportes, deuse aviso, de que as actividades deportivas reanudabanse con normalidade.