Sufocado en poucos minutos un incendio no antigo matadoiro
Os bombeiros do parque de Xinzo tardaron menos de 15 minutos en deixar extinto o fogo
Sobre as doce e media desta mañá o 112 alertou dun fume que saía do edificio do antigo matadoiro(edificio sen actividade) trasladándose ata o lugar unha dotación de bombeiros de Xinzo, tendo que usar cámaras antigas para aproximase ao mesmo, pero ao cabo dos 15 minutos xa extinguiran o incendio.
Ata o lugar trasladáronse membros da Policía Local, Garda Civil e Protección civil así como o alcalde que tentou durante o tempo da intervención pórse en contacto cos propietarios actuais (Fundación S. Rosendo) sen conseguilo, pois as comunicacións aínda non funcionan ao 100%.
Segundo as primeiras impresións o fogo puido ser provocado
posto que dúas portas do edificio estaban abertas e o que ardían eran papeis da
antiga oficina do matadoiro.