​Prolimia celebra a Semana da Nai cunha ruleta de premios vinculada ao comercio local

​Prolimia celebra a Semana da Nai cunha ruleta de premios vinculada ao comercio local

O sábado, na Praza Maior, unha ruleta de premios para todos aqueles que merquen nos establecementos asociados a Prolimia.

A asociación de comerciantes Prolimia desenvolverá este sábado, 3 de maio, unha acción especial na Praza Maior de Xinzo con motivo da celebración da Semana da Nai.

Durante a xornada, en horario de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 20:00 horas, instalarase unha ruleta de premios dirixida ás persoas que realicen compras por un importe igual ou superior a 20 euros nos establecementos asociados a Prolimia durante toda a semana.

Os premios consistirán en vales de 10 € e 20 € en tarxetas de Prolimia, para gastar no comercio local, e tamén poden tocar bolsas de patatas das marcas JALYS e GUAYS, que poderán trocarse entre o 5 e o 10 de maio.

A iniciativa busca reforzar o apoio ao comercio local, dinamizar as compras durante estas datas e premiar a fidelidade da clientela.