Gabriel G.G , alumno do CEIP Carlos Cid Arregui, gañador do I Certame de Relato Curto
O gañador enterouse onte a maña nunha salida organizada polo colexio a aldea de Saa.
O xurado do I Certame de Relato Curto Jaime Olmedo Limeses ten o pracer de anunciar que o relato "Regulus, un gato valente", da autoría de Gabriel G. alumno do CEIP Carlos Cid Arregui de Rairiz de Veiga, Ourense, resultou gañador na categoría de relato infantil.
A entrega de premios terá lugar o próximo sábado 17 de maio no Museo de Pontevedra, nun acto que reunirá aos galardoados e ás súas familias, así como representantes do mundo cultural e educativo. Desde a organización convidamos a toda a comunidade educativa do CEIP Carlos Cid Arregui a acompañarnos nesta celebración da creatividade e do talento novo.
O certame, promovido por Avigal e Antela Editorial, nace coa vontade de honrar a figura de Jaime Olmedo Limeses e de fomentar a creación literaria en lingua galega entre as xeracións máis novas. Tanto Avigal como Antela Editorial queremos agradecer ao CEIP Carlos Cid Arregui o seu firme compromiso coa cultura e coa lingua, valores que compartimos e que consideramos fundamentais para a construción dunha sociedade máis consciente e solidaria.
O apoio de empresas como Avigal, cunha profunda implicación co territorio e co desenvolvemento social, é esencial para facer realidade proxectos que combinan literatura, educación e identidade. Así mesmo, recoñecemos o labor do profesorado, que día a día cultiva a semente da curiosidade e do amor polas palabras no seu alumnado.
Por último, se o centro educativo non puidese asistir ao acto no Museo de Pontevedra, a organización prevé a celebración dun pequeno evento de entrega no propio colexio, para compartir o recoñecemento con toda a comunidade escolar.
Parabéns a Gabriel, á súa mestra, ás súas compañeiras e compañeiros, e a todo o equipo educativo do CEIP Carlos Cid Arregui!