A Deputación colaborará coa Xunta na coordinación dos proxectos dos concellos do Xurés no marco do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza de España e Portugal (Poctep)

A Deputación colaborará coa Xunta na coordinación dos proxectos dos concellos do Xurés no marco do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza de España e Portugal (Poctep)

“Na Deputación temos claro o valor estratéxico e a importancia deste tipo de iniciativas transfronteirizas e poremos a disposición da Estratexia de Desenvolvemento Territorial da Área Funcional da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês- Xurés 2025-2030 (EGEXUR) toda a colaboración que esté nas nosas mans”, sinalou Luis Menor

Coa fin de unificar criterios e optimizar recursos, a Deputación de Ourense colaborará coa Xunta na coordinación dos proxectos dos concellos integrados no Xurés, no marco do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza de España e Portugal (Poctec).

Así quedou ratificado este compromiso logo da reunión de traballo que mantiveron o presidente provincial, Luis Menor, coa directora xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Marisol Díaz Mouteira, acompañada pola directora territorial en Ourense, María José Laso. Este encontro serviu para analizar os proxectos de acción ambiental e de fomento do ecoturismo na Reserva da Biosfera Gerês- Xurés que levarán conxuntamente a Xunta de Galicia e o Instituto da Conservaçao da Natureza e das Florestas de Portugal.

“Na Deputación temos claro o valor estratéxico e a importancia deste tipo de iniciativas transfronteirizas e poremos a disposición da Estratexia de Desenvolvemento Territorial da Área Funcional da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés 2025-2030 (EGEXUR) toda a colaboración que esté nas nosas mans”, sinalou Luis Menor. Precisamente, lembrou que nesta iniciativa “establécense como prioritarias accións ambientais dirixidas á conservación da biodiversidade, a xestión sostible do territorio e ao intercambio de coñecemento”.

A directora xeral de Patrimonio Natural da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, lembrou a intención do Executivo Galego de “enfocar os proxectos no patrimonio natural e na conservación da natureza”, considerando de suma importancia “a correcta difusión desta estratexia para que os axentes sociais se impliquen”.

Esta estratexia permitirá ao territorio optar aos fondos do Poctep, que conta con máis de 30 millóns de euros para as áreas funcionais do espazo transfronteirizo de España e Portugal. Delas, a Reserva da Biosfera Gerês-Xurés destaca pola súa singularidade e dimensión cunha extensión de preto de 260.000 hectáreas de superficie (máis de 63.000 hectáreas en territorio galego) sendo ademais unha das tres reservas da biosfera transfronteirizas entre España e Portugal.

250429 Reuniu00f3n DX PatrimonioNatural 2