Degustación de Porco Celta na praza de abastos de Xinzo con grande acollida veciñal
Un exito de asistentes e paladares
A praza de abastos de Xinzo de Limia acolleu este luns unha cata de produtos derivados do Porco Celta, dentro do proxecto “Mercado en Rural con Porco Celta” impulsado por Asoporcel, coa colaboración da Deputación de Ourense e o Concello de Xinzo de Limia.
Durante a actividade, que reuniu a numeroso público, realizouse unha degustación guiada polo chef Alberto Fernández, do restaurante Pallabarro (Allariz), quen elaborou en directo diferentes propostas gastronómicas que puxeron en valor a calidade e versatilidade desta raza autóctona galega.
A acción ten como obxectivo achegar o produto local á cidadanía e dinamizar espazos como a praza de abastos, promovendo o consumo de proximidade e a recuperación de sabores tradicionais.