UN FRANCÉS NO IES CIDADE DE ANTIOQUÍA
Chegou a "revolución francesa" o IES Cidade de Antioquia
Esta semana Vincent Tanisier, un mestre francés, chegou e revolucionou o IES Cidade de Antioquía, onde se deixou de lado a lingua inglesa e todo o mundo trata de falar francés.
Vincent, procedente da vila de Melle, na rexión de Nova Aquitanía, veu pasar uns días ao instituto limiao grazas ás coñecidas “becas Erasmus”, que ofrecen ao profesorado un intercambio con outro centro para, neste caso, observar como funciona, as súas instalacións, os programas educativos que ofrece... e así levar novas ideas ao seu centro de orixe, o Lycée Jacques Bujault.
Dunha banda, do Cidade de Antioquía, Vincent, quen está especializado na xestión de espazos naturais, destacou as instalacións de calidade na zona de ciclos e a amabilidade de todo o instituto, no que di atoparse moi cómodo na súa primeira visita a Galicia despois de ter visitado noutros momentos o resto de España.
Doutra banda, ademais de coñecer de primeira man como se levan a cabo os estudos na súa especialidade e similares, o francés tamén estivo presente en varias clases da profesora de francés, para que os alumnos practicásemos o idioma falando, no caso da clase de 2º de Bacharelato, dos problemas medioambientais que afectan á nosa terra, de ecoloxía, das diferenzas entre Francia e España...
Como ben se pode ver, o IES Cidade de Antioquía está moi familiarizado con Francia, pois ademais de levar ao seu alumnado cada ano nun intercambio intercultural co país galo, agora tamén conta con profesores que se animan a traer novas propostas do país veciño.
RIVERO MENO