​Xinzo de Limia participa na Festa da Pataca Nova de La Rinconada no marco da Alianza Hispano-Lusa de Pobos Produtores de Pataca

​Xinzo de Limia participa na Festa da Pataca Nova de La Rinconada no marco da Alianza Hispano-Lusa de Pobos Produtores de Pataca

A Banda de Gaitas de Xinzo e o alcalde, Amador Díaz, representaron a comarca da Limia, na "Feria de la Patata Nueva" en La Rinconada (Sevilla)

O alcalde de Xinzo de Limia, Amador Díaz, acompañou esta fin de semana á Banda de Gaitas de Xinzo de Limia nunha viaxe institucional ao municipio sevillano de La Rinconada, con motivo da celebración da tradicional Festa da Pataca Nova, un evento gastronómico e cultural de referencia no sur peninsular.

WhatsApp Image 2025 04 26 at 15.13.59


A participación tivo lugar no marco da Alianza Hispano-Lusa de Pobos Produtores de Pataca, da cal Xinzo ostenta a presidencia desde a súa creación en 2023. Esta plataforma de cooperación intermunicipal naceu precisamente en Xinzo de Limia co obxectivo de fortalecer os vínculos entre territorios produtores deste tubérculo, promovendo o intercambio cultural, o desenvolvemento sostible e a posta en valor do produto local.

6e86b489 09a5 4c57 a600 9c7a351a14f8

Durante a xornada, a Banda de Gaitas de Xinzo participou no desfile inaugural e realizou varias actuacións que tiveron unha grande acollida entre o público asistente, achegando a identidade e a tradición musical galega ao sur da península.

493945326 1117622013741671 6492716596215824735 n

493510612 1117622853741587 1550734738075041414 n

493970154 1117622557074950 2507169858744351672 n

494440613 1117621093741763 4423964014882687909 n

O alcalde Amador Díaz participou tamén en visitas institucionais e encontros con representantes do Concello de La Rinconada e do sector agroalimentario andaluz, así como nun acto oficial arredor da alianza hispano-lusa, onde o Concello de Xinzo fixo entrega dun detalle institucional en sinal de irmandade e colaboración. O Concello de Xinzo de Limia quere expresar o seu agradecemento ao alcalde de La Rinconada, Javier Fernández, tamén presidente da Deputación Provincial de Sevilla, pola súa hospitalidade e apoio na organización desta xornada de irmandamento e intercambio cultural.

493736294 1117622687074937 8969585369590601247 n

Esta viaxe representa un novo paso na estratexia do Concello de proxección exterior da identidade local, tanto no eido cultural como no agrícola, e na consolidación de Xinzo como referente dentro da rede de municipios produtores de pataca a nivel ibérico.

494135059 1117621313741741 8853841046633942494 n

494595176 1117620887075117 2432535583645593949 n

493970218 1117621350408404 8188861577716598402 n