Xinzo será sede dun concerto na progración do novo festival Ou Yeah!,

Xinzo será sede dun concerto na progración do novo festival Ou Yeah!,

Ou Yeah! espallarase pola provincia de Ourense entre os meses de xullo e outubro de 2025. O primeiro concerto terá lugar na capital da provincia. Xa en setembro, a Alameda do Toural, en Xinzo da Limia, será testemuña dos directos de La Guardia e Habitación Vudú.

O evento desenvolverase en escenarios singulares de Ourense cun cartel no que se citan nomes como The Waterboys, Morgan, Escuchando Elefantes, Tesouro, La Guardia, Habitación Vudú e Jethro Tullirós.

O Mosteiro de Oseira acolleu está mañá a presentación dun novo festival na provincia de Ourense, o Ou Yeah!, no marco dos Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia. No acto participou o director da Axencia Turismo de Galicia, Xosé Merelles, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo. O director de Turismo de Galicia apuntou tamén que, “con este novo evento na provincia de Ourense, os Concertos do Xacobeo potencian os recursos turísticos locais e supoñen un importante impacto positivo, xerando emprego, gasto, lecer e coñecemento en espazos estratéxicos de toda a provincia”.

Merelles destacou ademais a filosofía dos Concertos do Xacobeo, como “un programa amplo e global co que a Xunta de Galicia consolida o seu apoio á música en vivo, e continúa a liña de traballo estratéxico de pasadas edicións do evento, que sumaron desde 2021-2022 máis de 2,5 millóns de espectadores”.

20250430 Presentaciu00f3nOuYeah

Iniciativa arraigada no territorio

Ou Yeah! é unha nova iniciativa arraigada no territorio, comprometida coa súa xente e deseñada para proxectar Ourense ao mundo. A súa esencia é a transformación: do local ao global, do tradicional ao contemporáneo, do escenario ao prato, do concerto ao encontro. Deste xeito, o festival, que ten como columna vertebral o rock, entendido nun sentido amplo, plural e actual, conxuga música, gastronomía, identidade e impacto territorial.

Ou Yeah! espallarase pola provincia de Ourense entre os meses de xullo e outubro de 2025. O primeiro concerto terá lugar na capital da provincia, na explanada de Expouerense, o sábado 12 de xullo, da man de bandas de referencia internacionais, nacionais e galegas como The Waterboys, Morgan, Escuchando Elefantes e Tesouro.

O 23 de agosto chegaralle a súa quenda a todo un referente da escena galega, Sés, que actuará no Claustro do Mosteiro de San Salvador, en Celanova. Xa en setembro, a Alameda do Toural, en Xinzo da Limia, será testemuña dos directos de La Guardia e Habitación Vudú.

20250430 Presentaciu00f3nOuYeah1

Finalmente, o sábado 11 de outubro, Ou Yeah! ofrecerá a súa derradeira xornada por todo o alto no Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense, cun dos grandes referentes internacionais do rock progresivo das últimas décadas, Jethro Tull.

No acto de presentación, Xosé Merelles salientou que “o apoio da Xunta de Galicia ao novo festival Ou Yeah!, a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo, responde á filosofía da Xunta de apoiar ás mellores e máis singulares citas coa música en directo de Galicia, que se erixen como un gran motor económico, turístico e cultural para a nosa comunidade de xeito desestacionalizado ao longo de todo o ano”.

Concertos do Xacobeo

A Xunta de Galicia continúa firme na súa aposta por posicionar á comunidade galega como destino turístico de grandes eventos musicais a través dos Concertos do Xacobeo, un programa amplo e plural impulsado por Turismo de Galicia que da cobertura a todas as grandes citas e espectáculos musicais en 2025, como o Gozo Festival, O Son do Camiño, o Morriña Fest, o novo Festival Jaleo!, o PortAmérica, o Resurrection, o Caudal Fest, o Río Verbena, o Festival de la Luz e máis de sesenta festivais, ciclos e concertos imprescindibles nunha vintena de localidades de toda Galicia.

Máis de 500 artistas internacionais, nacionais e galegos de todos os xéneros que pisan forte nas listas de escoitas de agora e de sempre visitarán neste 2025 os Concertos do Xacobeo que terán lugar en máis de 20 localidade da Comunidade.

Toda a programación pódese consultar en www.concertosdoxacobeo.gal.

494817407 1520868882651990 8560706201874170403 n