O GDR Limia-Arnoia recibe en Allariz a representantes de Cantabria, Asturias, Portugal e Galicia para a posta en marcha do proxecto “Espacios Efímeros” para o impulso do comercio local

O GDR Limia-Arnoia recibe en Allariz a representantes de Cantabria, Asturias, Portugal e Galicia para a posta en marcha do proxecto “Espacios Efímeros” para o impulso do comercio local

Este proxecto de cooperación entre grupos busca revitalizar os negocios locais e crear novas oportunidades dende unha perspectivas máis actual, creativa e innovadora

Representantes de distintos Grupos de Desenvolvemento Rural de Cantabria, Asturias, Portugal e Galicia reuníronse onte na sede do GDR Limia-Arnoia (situada en Allariz) para a posta en marcha do proxecto de cooperación entre grupos “Espacios Efímeros” co que se busca revitalizar o comercio local e crear novas oportunidades para persoas emprendedoras a través dun formato máis atractivo e innovador: as tendas efémeras.

“O obxectivo final deste proxecto colaborativo e temporal é reactivar o comercio local dende unha perspectiva máis actual, creativa e colaboradora”, sinala Eva González, Coordinadora do GDR Limia-Arnoia.

“Espacios Efímeros” é un proxecto temporal. Terá 18 meses de duración durante os cales se realizarán accións concretas en cada un dos terrotorios participantes. Dentro da nosa comunidade, participan dous grupos de desenvolmento rural: o GDR Limia-Arnoia e o GDR Galicia Suroeste Eurural, que exerce de coordinador do proxecto.

O equipo técnico do GDR Limia-Arnoia centratarase en impulsar e dinamizar o tecido comercial e emprendedor dos 25 municipios que forman o noso territorio. Para iso realizarán nunha primeira fase unha diagnose do comercio local; cun estudo pormenorizado da situación actual das tendas existentes tendo en conta retos como o peche de establecementos, o despoboamento ou a competencia do comercio electrónico.

Espacios efimeros 3

Nunha segunda fase, ofreceráselle acompañamento ao comercio existente coa finalidade de mellorar a súa promoción, modernizar os espazos e facer que se sintan parte dun proceso de transformación conxunta.

Tamén se fará fincapé na detección de novas iniciativas emprendedoras, identificando aquelas persoas con ganas e ideas para emprender un negocio en calquera das vilas que forman parte do noso territorio centrándose especialmente nas relacionadas co eido da artesanía, alimentación, textil, restauración ou servizos culturais. A todas ofreceránselle ferramentas reais para dar os primeiros pasos na creación do negocio.

A última fase deste proxecto consiste na creación dunha tenda efémera dentro do noso territorio. Será un modelo de tenda temporal, flexible, sostible e con actividades culturais paralelas. Haberá un evento no que a veciñanza poderá testar os produtos que alí se ofrezan e tamén se terá a oportunidade de coñecer ao público e xerar interación entre comercio e cultura.

Un proxecto común con entidade propia

A nivel colectivo, todos os GDR participantes neste proxecto traballaremos no deseño dun modelo común de tenda efémera; así como na creación dunha imaxe de marca, dunha web e unha programación de eventos compartida. Tamén está previsto a realización dun evento final conxunto que nos permitirá dar visibilidade aos éxitos do proxecto e ás persoas protagonistas en cada territorio.

“Espacios Efímeros” busca reactivar o comercio local dende unha perspectiva máis actual, creativa e colaborativa facendo que os nosos produtos e talentos teñan máis presenza e recoñecemento tanto dentro como forá do territorio.

Espacios efimeros 4