Xornadas Musicais, a Familia do Conservatorio

Xornadas Musicais, a Familia do Conservatorio

O alumnado de Música e Movemento, Iniciación Musical e 1º Grao Elemental foron os protagonistas da tarde.

O Conservatorio ten no seu Calendario Escolar diversas actividades programadas ó longo do curso para fomentar e difundir a música entre o propio alumnado e o resto de rapaces da comarca.

Entre elas atopamos as XORNADAS MUSICAIS, xornadas de acollemento e portas abertas para aqueles que desexen coñecernos.

494121798 1005281601695213 1966606258959315707 n

Ditas xornadas están pensadas non só para fomentar a música entre os rapaces da comarca se non tamén achegalos a esta gran familia que formamos no conservatorio.

Esta primeira xornada tivo lugar o pasado mércores 30 de Abril ás 17.30 horas. Nesta ocasión o alumnado máis cativo do centro, os rapaces e rapazas de Música e Movemento, Iniciación Musical e 1º de Grao Elemental, convidaron con entrega de invitacións e acreditacións a amigos/as a asistir a unhas xornadas diferentes, para que coñeceran de primeira mán o noso centro, as instalacións, ver en directo as clases que se estaban a impartir nese intre e por suposto escoitar moita e boa música.

IMG 20250501 WA0010

Dita música estivo a cargo dun concerto do alumnado das diferentes especialidades para que os invitados tamén poidan coñecer os instrumentos.

IMG 20250501 WA0008

IMG 20250501 WA0009

IMG 20250501 WA0002

IMG 20250501 WA0003

IMG 20250501 WA0005

IMG 20250501 WA0004