A Academia Galespace acolle unha xornada sobre o xogo romano do muiño, organizada pola A.C. Civitas Limicorum
A iniciativa enmárcase nas accións previas á XXV edición da Festa do Esquecemento, e reafirma o compromiso da asociación coa divulgación do patrimonio cultural entre a mocidade.
Esta mañá, venres 2 de maio, celebrouse en Xinzo de Limia unha nova actividade de divulgación histórica arredor do xogo romano do muiño, organizada pola Asociación Cultural Civitas Limicorum en colaboración coa Academia Galespace.
Durante a sesión, o alumnado participante coñeceu as orixes deste xogo milenario, practicou diferentes partidas e afondou nas regras e valores asociados ao muiño, un xogo de estratexia moi estendido na época romana.
Esta actividade forma parte do proxecto iniciado a comezos de 2025 nos centros educativos de Xinzo e terá continuidade nunha gran final intermunicipal contra o equipo do Arde Lucus de Lugo, que se celebrará o sábado 21 de xuño en Xinzo de Limia.
A iniciativa enmárcase nas accións previas á XXV edición da Festa do Esquecemento, e reafirma o compromiso da asociación coa divulgación do patrimonio cultural entre a mocidade.