Comeza o II Obradoiro de Costura en Sandiás
A próxima semana da comezo o II Obradoiro de Costura no Concello de Sandiás.
Os inscritos terán a primeira reunión o xoves, 8 de maio de 18.00 h- 20.00 h. O total dos participantes inscritos nesta reunión decidirán cal será o horario fixo e a organización en grupos ao longo de todo o ano. O lugar da reunión será o Local Social do Concello de Sandiás
A inscrición terá como límite o 6 de maio no teléfono do Concello: 988 46 5001
O obradoiro está animado de novo neste segundo ano por Geni Losada natural da aldea de Piñeira de Arcos. Ainda que non vive parte do ano na Comarca da Limia ten moita experiencia no asociacionismo cultural. Genita pasa nove meses ao ano na súa terra e faille moita ilusión dedicar tempo á xente do seu concello. Os participantes porán a proba a súa iniciativa e creatividade cos seus proxectos de patronaxe e confección. O obradoiro está aberto a todas as idades e niveis.
O obradoiro ten como finalidade lograr dominar o trazado dos patróns, o corte das pezas e controlar o uso das ferramentas de costura máis importantes.
Tamén adaptar modelos segundo as tallas e aprender a realizar todo tipo de arranxos e modernización de pezas. A práctica da costura ten tamén efectos moi beneficiosos para a persoa pois obriga a desenvolver capacidades cognitivas variadas para a súa realización. Por exemplo, fomenta a orientación no tempo e no espazo e a súa vez traballa a resolución creativa de problemas que se presentan coas pezas, a atención e a concentración na tarefa.
De seguro que pronto nos ensinarán as primeiras pezas creadas nunha segunda exposición que acadará tanto ou máis éxito que a primeira do ano pasado na que tamén se fixo unha sentida homenaxe os xastres e costureiras da zona.
ob
Encarna e Fabiola no Obradoiro do ano pasado.