Os Senior do A.B. Xinzo a dous partidos da permanencia
O A. B. Xinzo é unha das canteiras mais grandes de toda a provincia.
Senior
Victoria dos senior masculinos contra o Seis do Nadal de Vigo. A falta de dúas xornadas, os do A.B. atópanse con 8 vitorias e 4 derrotas, e dicir, a falta dunha vitoria para igualarse co líder, están cunha vitoria por riba do descenso. Estamos ante un dos anos mais igualados na categoria de segunda división Galega.
O partido foi moi igualado no primeira fase, onde se loitaba por quen conseguia o primeiro titulo e quen descendía. A falta de dúas xornadas, os limiáns dependen de si mesmos. O partido da próxima semana en Sarria decidira a salvación.
O senior feminino xogou contra o Ensino, temporada complicada dadas as baixas, moitas das xogadoras son cadetes, pero seguen loitando por facelo o mellor posible.
Cadetes
Os cadetes masculinos perderon contra Blanco Amor.
As cadetes femininas gañaron contra Carmelitas.
Junior
O junior masculino iniciou a Copa Deputación, xogaron contra o BBall Dorado, con vitoria para os do A.B. Xinzo, o que os clasificou para cuartos de final. O vindeiro fin de semana xogaran contra o Maside, os cuartos de final, en Maside.
Infantil
Os infantís 2011, xogaron contra Depordima, onde saíron vitoriosos no último segundo.
As infantís 2011, logrando unha dobre vitoria este fin de semana. Primeiro gañaron no derbi contra as infantís 2012, para rematar o venres enfrontandose contra Maside e saíndo de novo vitoriosas.
Os infantís masculinos 2012, están sufrindo moitas baixas, o que non lles facilita as vitorias, polo que perderon, este domingo, contra Maristas. So estaban 6 xogadores.
Mini
As minis femininas 2013 perderon contra Allariz, na Xuntanza Baby Basket celebrada en Allaríz.
Os "minis masculinos" tamén sufriron moitas baixas, polo que como reforzo xogaron 8 nenas do equipo mini 2013, aínda así perderon contra o Grove.
Os dous equipos minis 2014 perderon, o venres pola tarde, contra BBall. O masculino xogou en Xinzo, tamén con moitas baixas, onde subiron a reforzar 4 xogadores preminis, e o feminino xogou en Ourense.
Premini
As preminis xogaron o domingo de tarde contra Maristas, perdendo o inicio da Copa Deputación Premini.