II Roteiro Didáctico Ambiental

II Roteiro Didáctico Ambiental

22 alumnos e alumnas do Colexio Plurilingüe Salesianos no II Roteiro Didáctico Ambiental polo Centro de Interpretación da Lagoa de Antela, o Mirador do Pico Costoira e o humidal artificial das Areeiras de Sandiás.

Vinte e dous alumnos e alumnas, dous profesores especialistas en bioloxía (Quique Fernández) e historia (Pepe Gándara) do Colexio Plurilingüe de Ourense e un divulgador profesional de xeoloxía (Eduardo González) co acompañamento do guía experimentado Alex de los Ríos, visitaron o pasado luns 5 de maio nunha xornada intensa de nove horas o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela o mirador do Pico Costoira na aldea de Cerredelo e o patrimonio xeolóxico, etnográfico e ornitolóxico do humidal artificial das Areeiras de Sandiás.

O Seminario de Xeografía e Historia e o Seminario de Ciencias Experimentais xunto cun especialista en xeoloxía volveron a traballar xuntos por segundo ano para a organización desta actividade interdisciplinar que combina á perfección natureza, patrimonio e xeoloxía.

Visita a Exposición Permanente do Centro de Interpretación da Lagoa de Antela 

Na primeira parte da mañá levouse a cabo a visita a Exposición Permanente do Centro de Interpretación da Lagoa de Antela cunha duración de unha hora e media a cargo de Alex de los Ríos, guía especializado en historia e con ampla experiencia didáctica. A visita deu comezo visionando un audiovisual sobre diversos aspectos do humidal natural da Lagoa o humidal artificial das Areeiras e o patrimonio etnográfico do Concello de Sandiás. A continuación percorremos varias salas da planta baixa e alta. Fíxose referencia a Lagoa en xeral e as súas dimensións, análise de varias fotografías históricas, o uso das barcas e os proxectos de desecación. Tamén a Xeografía mítica ( os espazos e habitantes imaxinarios da Lagoa de Antela. Fíxose rápida referencia a diversas lendas e contos como o referido a Cidade de Antioquía). Despois de breves referencias ao folclkore, a etnografía e as economías perdidas da lagoa (comercio de ras, samesugas, ovos, peixes), por último tratáronse aspectos de Xeografía Cultural aplicados a Lagoa de Antela, facendo unha reflexión xeral sobre toponimia e pondo exemplos concretos de toponimia maior e menor da zona. Na planta alta repasouse con detalle a fauna e flora típica da Lagoa de Antela. Complementouse o conxunto da visita guiada con explicacións sobre as veigas lindeiras e os humidais artificiais conformando o que denominamos Complexo húmido Limia/Antela”.

Foto 1. (1)

Visita “in situ” ao patrimonio etnográfico o proceso de renaturalización das areeiras e a diversidade ornitolóxica do humidal

A continuación da visita da exposición permanente levouse a cabo a visita “in situ” polo humidal artificial das areeiras guiada por Pepe Gándara, coordinador da Casa da Lagoa.

Observáronse os procesos de re-naturalización das areeiras despois das explotacións, a comparación entre os comezos do canle principal da Lagoa e os micro-ecosistemas de ribeira con unha gran riqueza e diversidade de flora e fauna. Tamén se visitaron os observaciones ornitolóxicos 1 (reproducción dos hipotéticos palafitos) e o observatorio 2 (casa dos terróns), exemplo de arquitectura sustentabel en terra. Coa ocasión de pequenas prácticas de observación ornitolóxica procuróuselle ao alumnado material de observación e guía de aves así como consellos prácticos para a observación. Observáronse cormoráns, cegoñas, anduriñas das barreiras e mergullóns cristados. Os alumnos puderon consultar unha breve guía de aves aportada pola Asociación Amigas das Cegoñas e tamén puderon consultar fotografías, datos e cantos das aves na páxina web do “Xeodestino da Limia”, de recente creación.

Volta ao Centro de Interpretación e presentación dos grandes procesos de transformación da paisaxe da Lagoa, análise da cartografía e presentación dos proxectos de restauración ambiental que se estiveron levando a cabo por varias institucións.

Despois dun descanso e templo libre amplio, Pepe Gándara coordinador da Casa da Lagoa, profundizou co alumnado na xeografía física e humana da Lagoa (formas de relevo, factores antrópicos como as pegadas do ser humano na zona coa ocupación do espazo e análise polo miudo do proceso de desecación e concentración parcelaria), cartografía do Complexo Húmido Antela-Limia e tamén aspectos de xeografía cultural (topónimos ou chamadoiros da Lagoa). Así mesmo, presentáronse os proxectos da “Poza dos Arieiros” e “Poza das Conícoras” no humidal artificial das Areeiras e o Proxecto no humidal natural da Lagoa de Antela, concretamente na Veiga de Vilaseca, denominado “Antonio Vilariño executados pola Sociedade Galega de Historia Natural (Sghn). Fíxote tamén mención das aportacións de Patrimonio Natural e da ruta das aves promocionada polo propio Concello de Sandiás.

Visita xeolóxica a fosa da Limia dende o Pico Costoira e visita ao patrimonio xeolóxico-mineiro das Areeiras.

Despois da comida e dun templo amplo adicado ao descanso e disfrute da zona, reiniciamos a visita acompañados polo especialista en xeoloxía e gran divulgador da mesma en Galicia, Eduardo González. En primeiro lugar visitamos o Pico Costoira na aldea de Cerredelo, unha das mellores atalaias para observar nun día claro toda a fosa da Limia. Eduardo explicou con paneis didácticos e con moito detalle a contorna xeolóxica da fosa na que fai 300 millóns de anos era unha cordiñera montañosa, desde fai 60 millóns de anos o choque de África contra Europa fracturou esa chaira en grandes bloques. A Limia son precisamente eses bloques que se elevaron menos (graven) e enchéronse cos materiais erosionados durante millóns de anos.

Foto 3 (2)

O recheo non é homoxéneo e dominan as areas pero hai tramos de arxila e a uns 100 metros de profundidade temos unha capa de lignito. Nos últimos metros o recheo está formado por areas de gran groso con moi pouco material fino o que fai que a auga circule rapidamente e a auga subterránea móvase moi rapidamente polo subsolo. A capacidade de filtrar contaminantes é pois moi baixa xa que as areas de gran groso teñen unha capacidade de depuración moi reducida.

Visitouse unha das areeiras en explotación e os alumnos recibiron tamén información precisa do sistema e proceso de explotación da areeira. Houbo referencias a xeomorfoloxía e o corte estratigráfico da zona das areeiras, o sistema de explotación industrial e tamén sobre a fase de abandono e restauración ambiental. Según o xeólogo Eduardo González, a area de gran groso producida pola alteración dos granitos que rodean a Limia son áridos de excelente calidade. Úsanse para, mesturado con grava, fabricar formigón e aglomerado (alfalto). A ausencia de grans finos fai que este material sexa excelente. Por último indicar, que desde o punto de vista xeolóxico, en relación coa contaminación, só #poder chamar a atención sobre o feito de que o acuífero superficial da Limia ten unha capacidade de depuración moi baixa e unha permeabilidade moi alta. Os mesmos verteduras en zonas de arxilas (por exemplo, Monforte de Lemos) depuraríanse parcialmente nas arxilas presentes e a contaminación que chegaría aos ríos ou encoros sería moito máis baixa.

Referíndonos ao humidal artificial das areeiras, cecais nun futuro próximo estas pezas dispersas ou como alguén lle chamou “o minifundismo da auga”, poidan volver configurar un novo humidal artificial herdeiro do xa mítico sistema lagunar natural denominado lago Beón.

Moi satisfeitos quedamos na Casa da Lagoa e moitas grazas pola vosa segunda visita intensa extensa no tempo esperando que fose de proveito. Esperamos que veñades noutras ocasións, pois o que nos ten que contar a Lagoa de Antela da para moito máis.