Xinzo quédase sen a feira de EXPOFAMILIA

Carlos González, na súa intervención en EXPOFAMILIA 2024
Xinzo quédase sen a feira de EXPOFAMILIA

EXPOURENSE, será posiblemente a súa nova ubicación

Outro acontecemento máis, moi exitoso, que deixará de celebrarse na nosa vila, pero que outros si deciden que queren para si.

Segundo puidemos saber no día de onte, as persoas que o ano pasado puxeron en marcha a primeira exposición adicada a familia, que tanto público foráneo trouxo a Xinzo, atraídos pola idea e por suposto polo cartel de poñentes, algo moi difícil nunha primeira edición, colle camiño a outro lugar, neste caso ao recinto de EXPOURENSE, co que xa mantiveron contactos.

Parece ser, que coincidencia, que o interese por parte de persoas responsábeis do concello, non teñen a mesma visión sobre a incidencia e a importancia de que un evento desta categoría se celebre na nosa vila.

IMG 20250426 121801


Porén fai unha semana si se celebrou o II encontro lgalaico-portugués da palabra  na súa segunda edición, ao cal durante a xornada de mañá solo asistiron os poñentes e os membros do grupo que actuaba a continuación, e o cesteiro.