A Feira das Mozas aplazase por inclemencias metereolóxicas

A Feira das Mozas aplazase por inclemencias metereolóxicas

Debido as inclemencias meteorolóxicas a Feira das Mozas deste ano terase que pospor.

A Asociación Cultural A Pantalla fai un comunicado respecto a Feria das Mozas:

Hoxe, 8 de maio, despois de sopesar as diferentes posibilidades, a A. C. “A Pantalla” tomou a decisión de pospor a 4ª edición da Feira das Mozas prevista para este día 10 de maio.

Por motivo da previsible treboada que se estima chegue este mesmo xoves e dure toda a fin de semana a Asociación, en acordo co Concello de Xinzo, propón pospor o evento para a seguinte data viable.

Como di o refrán: “O tempo é como un vello teimudo, nin obedece nin avisa”.

Hoxe, xoves 8 de maio, despois de informarse pausadamente sobre as posibles previsións meteorolóxicas e ca experiencia desta última tempada chea de choivas, a Asociación Cultural “A Pantalla” tomou a complexa decisión de aviar a 4ª edición da Feira das Mozas.

Malia que aínda non se sopesou en firme a seguinte data onde organizar esta edición, dado a complexidade que supón atopar un día onde todos os grupos contratados teñan libre nos seus calendarios, créuse que sería a mellor opción para a Feira das Mozas, xa que se trata dun evento totalmente de rúa onde o tempo ten que acompañar para que todos os factores funcionen debidamente.

O que si está claro e que esa data en calquera caso será antes do comezo do verán, entre o que queda do mes de maio e todo o mes de xuño, xa que en época estival dispónse de moitas festividades que farían máis complexo a celebración da Feira.

A A. C. “A Pantalla” mantivo a comunicación tanto co Concello, que viu como correcta a decisión de pospor o evento, como con outras institucións colaboradoras co fin de traballar por atopar a mellor solución.

Dende a Asociación pídeselles os veciños e participantes da festa paciencia polo mal acaecido e recórdaselles que na maior brevidade posible se publicará a seguinte data para a celebración da Feira tentando manter en todo o posible a mesma carteleira de grupos e actividades.