Mais de 140 alumnos e alumnas da contorna coñeceron un pouco mais a Garda Civil
Ainda que o tempo non acompañaba, os cativos e cativas non perderon detalle e non dubidaron en probar todo o que estaba a súa disposición.
Hoxe a maña os alumnos e alumnas dos colexios de Baltar, Os Blancos, Sandiás e Rairíz, reuníronse no CEIP Plurilingüe Carlos Cid Arregui, para desfrutar dunha convivencia e ver e tocar unha demostración dos distintos corpos da Garda Civil.
Esta convivencia ten lugar polo 50 aniversario do centro. O CEIP Plurilingüe Carlos Cid Arregui ten preparadas diversas actividades para conmemorar o medio século, a primeira foi ca Garda Civil. A través do Plan Director, a benemérita, da charla e exhibicións aos colexios, os alumnos e alumnas desfrutaron e coñeceron un pouco mais aos axentes de Tráfico, TEBYL, Seprona, USECIC, equipo Pegaso, seguridade cidadá, OMAP e o Núcleo de servicios escolta de presos. Ainda que quen maior sensación causou foi Sisa, a garda canina, que fixo unha pequena demostración da súa gran labor.