Encontro de traballo entre o alcalde Trasmiras e a Conselleira de Vivenda
23:52 09/05/25
23:52 09/05/25
Abordaron actuacións en materia de urbanismo para o municipio
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo onte un encontro de traballo co alcalde de Trasmiras, Emilio José Pazos.
Nesta reunión, que tivo lugar esta mañá en San Caetano, a conselleira e o rexedor abordaron actuacións en materia de urbanismo, de interese para este municipio ourensán.
M. Allegue subliñou o compromiso do Goberno galego para colaborar cos concellos e impulsar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a reforzar a competitividade económica, fixando tamén poboación no rural.