As Cantareiras e os Instrumentos Tradicionais no PAI de Sandiás
Proporcionóuselle aos nenos e nenas un espazo no que iniciarse no desfrute da poesía cantada, tan típica da nosa aterra, e onde mergullarse nunha arte tradicional que se mantivo viva coas cantareiras.
O pasado xoves 8 de maio entre as 11.00 h e as 11.20 h na visita da Furgoteca ao PAI de Sandiás e no marco das iniciativas variadas que o Concello de Sandiás terá co gallo da homenaxe das Letras Galegas 2025 ás creadoras e transmisoras da poesía popular oral, os nenos e nenas disfrutaron do obradoiro “As cantareiras e os instrumentos tradicionais” que trouxo Reme Cid co Proxecto Cultural de Animación lectora A Furgoteca.
A través dunha provocación artística moi atractiva con proxección de música e imaxe de Caamaño Ameixeiras e disposición de instrumentos tradicionais para poder manipulalos e tocalos, proporcionóuselle aos nenos e nenas un espazo no que iniciarse no desfrute da poesía cantada, tan típica da nosa aterra, e onde mergullarse nunha arte tradicional que se mantivo viva coas cantareiras. Os nenos e nenas estiveron moito tempo entretidos, investigando cos diferentes obxectos musicais e asombrados cos sons que se podían facer con eles.
A continuación foron a Furgoteca a devolver os libros de préstamo leídos e desa volta coller dous novos e maravillosos contos para continuar léndoos na escola.