Remate de temporadas para o A.B.Xinzo
O sábado 17, Día das Letras Galegas, os senior do A.B.Xinzo xoganse a permanencia.
Senior
Os senior masculinos gañaron onte en Sarria, 60-68, agora mesmo atópanse con 9 vitorias e 4 derrotas.
A fase de permanencia esta sendo complexa, xogaranse todo na última xornada. A vindeira semana xogaran en Xinzo o último partido da temporada, necesitan gañar ou perder por menos de 14 puntos.
Loitaran pola vitoria, pero necesitan o apoio dos seareiros e seareiras, o sábado 17 de maio as 18:00 h no pavillón de deportes de Xinzo, no último partido da tempada.
Lembremos que nesta fase empezaron 0-3 e agora van 9-4, unha boa remontada, onde demostran que loitan todos os partidos, para seguir un ano mais en 2ª división de Liga Galega.
As senior femininas, remataron onte a temporada, xogaron contra o Ensino, onde perderon. Dadas as baixas, as axudas das cadetes esta sendo imprescindible para rematar a temporada.
Veteranos
Os veteranos xogaron contra o Vista Alegre Santiago, onde perderon, pero esta é a primeira temporada, unha toma de contacto e experiencias para eles. Onde o importante e xogar e desfrutar da gran familia que hai o arredor.
Junior
Os junior masculinos perderon en Maside, nos cuartos de final, era eliminatoria única, polo que non pasaran a semifinais. O partido foi moi igualado, pero nos últimos minutos Maside puxose en cabeza.
Cadete
As ligas cadetes remataron este fin de semana.
As cadetes femininas gañaron contra o Lemos, remantando a temporada na 4ª posición. Unha temporada bastante boa, para ser de primeiro ano.
Os cadetes masculinos perderon contra Depordima, rematando a temporada na 7ª posición.
Infantil
Os infantis masculinos 2011, remataron hoxe a temporada, con derrota contra o Barco, clasificandose nun 3º posto.
As femininas 2012, perderon contra Maside.
Os infantis masculinos 2012, perderon onte contra BBall.
Mini
Os minis masculinos 2013, xogaron hoxe a tarde un partido de Liga Galega, en Sada (A Coruña), derrota no úlitmo segundo para os do A.B, quedando o marcador 65-62. Ainda lles queda un partido para completar esta fase Galega.
Premini
Os preminis masculinos xogaron a Copa contra Verín, onde sairon vitoriosos.
Baby
O venres houbo outro encontro Escoliñas, desta vez celebrouse en Pereiro de Aguiar, onde foron os Babys 2017 a pasar a tarde co resto das Escoliñas.