​Xinzo de Limia celebrará o Día das Letras Galegas cunha homenaxe ás pandereteiras e cantareiras galegas

​Xinzo de Limia celebrará o Día das Letras Galegas cunha homenaxe ás pandereteiras e cantareiras galegas

Primeiro haberá unha proxección audiovisual conmemorativa, para continuar cun concerto colectivo de pandereteiras.

O Concello de Xinzo de Limia celebrará o Día das Letras Galegas o vindeiro venres 16 de maio ás 20:00 h  cun acto especial no Auditorio da Casa da Cultura, centrado na poesía popular oral galega e nas mulleres que a conservaron e transmitiron ao longo das xeracións.

A cita comezará coa proxección dun audiovisual conmemorativo, que afondará no valor desta data para a cultura galega. A continuación, farase un percorrido pola tradición oral que vive nos fiadeiros, feiras e festas grazas ás cantareiras e pandereteiras do país.

O evento culminará cun concerto colectivo no que seis grupos locais renderán homenaxe a todas esas mulleres que gardaron e espallaron a nosa poesía oral a través da música:

  • Grupos de Pandereteiras 2 e 3 da Escola de Gaitas de Xinzo
  • As Bruxas
  • Cantaralai
  • As Xingras da Arca
  • Cantareiras da Limia