"Entre o mes de abril e o que levamos do mes de maio, levan caido case 280 litros por m² na Limia, si a precipitación media anual da Limia ronda os 800 litros por m², pois xa estamos nun tercio."
Haberá patacas para decembro?
Servando fai unha analise da situación actual do agro na Limia: "Esto con Pemán non pasaba"
Os produtores de patacas están preocupados, a estas alturas do ano os campos aínda están sen sementar e segundo as previsións meteorolóxicas, aínda quedan días de chuvias por diante.
Polo que Dendealimia reuniuse con Servando Álvarez Pousa, director técnico do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo de Limia. Para que nos solvente algunhas dúbidas e nos conte como se atopa a situación.
Como é sabido por todos, na Limia leva chovendo dende fai meses, as terras están anegadas, polo que non se poden cultivar, a temporada de sementar patacas xa debía haber comezado pero dados os factores ambientais estase atrasando. Como experto no agro, Servando, contounos como é a situación actual.
"Xa se teñen sementado patacas en xuño, xa se teñen sementado patacas a finais de xuño incluso se teñen sementado patacas a principios de xullo. O problema é que todo o que atrases agora en sementalas tesllo que sumar o ciclo produtivo."
Como diciamos o principio as choivas son as causantes do atraso, un atraso que se prolonga mes e medio, isto afectará directamente a produción.
Haber como se comporta o tempo, isto co Pemán non pasaba.
"As zonas mais temperas, como o seu propio nome indica, Piñeira Seca, Vila Seca, e todas esas zonas, xa tiñan que estar plantadas. Normalmente nesas zonas, a época óptima de plantación é finais de abril, mediados/finais de abril, e o resto de zonas enmarcaríanse no mes de maio."
Inda que estamos case a comezos de maio e as choivas cesaran, o problema seguiría sendo as terras que se atopan anegadas. O que habería que sumarlle mais dunha semana en que secaran e os agricultores puideran usar a maquinaria. Co cal non se podería sementar ata xuño.
280 litros m² levan caído por mes e medio
"Entre o mes de abril e o que levamos do mes de maio, levan caído case 280 litros por m² na Limia, si a precipitación media anual da Limia ronda os 800 litros por m², pois xa estamos nun terzo."
Os veráns son cada vez mais calorosos
"A día de hoxe o agricultor medio, ten invertido en semente unha cantidade mais que importante, e a semente é un produto perecedoiro. E xa leva aquí un mes, e agricultores con cámaras son poucos. Se ti tes unha cámara de frío, podela conservar un pouquiño mais, tampouco moito mais do mes de xuño.
A semente é un ser vivo, e como todo ser vivo, chega un momento no que o seu ciclo vexetativo se acaba e non xermola e tes problemas de nascencia."
Polo que podemos dicir que o problema neste momento é grave.
"O problema neste momento é grave, preocupante, porque a semente esta perdendo capacidade xerminativa."
Duns anos para aquí moitos agricultores decidiron plantar colza, xa que o mercado estaba desabastecido, entón producíronse colleitas de 1.200 hectáreas, pero o tempo volveu facer das súas, minguando a produción.
"A colza é unha planta moi sensible cando brota, que están as catro folliñas, como cando son os nabos, é moi sensible nese estadio aos encharcamentos. Si nese estadio hai encharcamento a colza non nace para arriba, e xustamente pois veu outro novembro chuvioso e non foi capaz de sobrevivir."
Ante esta situación habería que plantexarse un cambio nos cultivos ou no sistema de conservación.
"A Limia é unha comarca moi fértil, pero sempre tivo esa eiva co tema das precipitacións. Realmente os cultivos que a día de hoxe se adaptarían, o que viña sendo habitual é cereal e pataca. O cereal de inverno, cada vez se pon mais complicado, e realmente o resto de cultivos non se adaptan a estes ciclos tan raros.
Hai outro cultivo que si se adapta, porque compartiría ciclo ca pataca, que é a horta. Pero o problema da horta e que esixe unha cantidade de man de obra que non hai. Nos queda un ano mais confiar na pataca, si é que para de chover. Haber como se comporta o tempo, isto co Pemán non pasaba (rise)"