A produción agrícola da Limia en risco polas choivas.
ADEGAL traslada á Consellería do Medio Rural a problemática existente en busca de solucións alternativas.
A Limia é unha comarca cun gran potencial agrogandeiro, e como tal, as Administracións débense implicar e apostar, potenciar e protexer a actividade de todas as explotacións agrícolas e gandeiras existentes, así como facilitar as ampliacións e o relevo xeracional.
As persistentes choivas do inverno e da primavera, arrastran consecuencias graves para ó sector primario da Limia, estragando o cereal de inverno e impedindo a sementeira do de primavera, así coma o retraso na implantación do cultivo da pataca, o que significa unha baixada nas producións estimadas por hectárea, e consecuentemente, grandes perdas económicas para as familias.
Tamén está a afectar ó millo forraxeiro, o que implica a utilización de variedades de ciclos máis curtos que teñen rendementos máis baixos nas producións, e polo tanto, encarecen os custes das explotacións gandeiras ó verse obrigadas á complementar a alimentación dos animais con compras externas.
A maiores, hai que engadir o mal drenaxe das cunetas, dos canais secundarios, dos ríos e do canle principal, ocasionando un maior asolagamento nas terras de cultivo, provocando danos nas infraestruturas agrarias que dan servicio ás mesmas.
Dende ADEGAL déuselle traslado á Consellería do Medio Rural da problemática existente no sector agrícola da Limia, solicitando a limpeza de canles e autorización de limpeza a agricultores dos terciarios, establecer unha bonificación fiscal para todos os produtores ada bisbarra, ben a través do IRPF ou do Imposto de Sociedades, promover unha bonificación nas cotizacións da Seguridade Social dos agricultores e gandeiros afectados e a través da PAC, facilitar axudas á compra de abonos, semente, etc, do mesmo xeito que se fixo coa guerra de Ucraína ou a seca, ademais de adaptar os seguros agrarios á realidade da Limia.