"Os Sons do Circo" Concerto Didáctico para o alumnado da comarca
Mércores 14 de maio ás 11:00 h no Auditorio Ángel Cocho da Casa da Cultura
O Conservatorio ten no seu Calendario Escolar diversas actividades programadas ó longo do curso para fomentar e difundir a música entre o propio alumnado e o resto de rapaces da comarca.
Entre elas atopamos o Concerto Didáctico que este ano adícase á temática circense, a súa banda sonora, os sons e melodías que forman parte do imaxinario colectivo que acompañan a todos os artistas que forman parte da gran familia do circo.
Dito Concerto está organizado en exclusiva para os colexios convidados como cada ano a asistir. Nesta ocasión son os C.E.I.P de Baltar, Blancos, Rosalía de Castro e Carlos Casares.
O noso obxectivo non só é fomentar a música entre os rapaces dos colexios da comarca se non tamén motivalos, desenrolar as súas inquedanzas musicais e animalos a que desexen comezar no eido musical do conservatorio para o vindeiro curso.
O concerto está adicado a música do mundo circense, o cal baseará as súas interpretacións en todas esas cancións que acompañan a paiasos, malabaristas, magos etc, onde o mestre de cerimonias e os diversos artistas circenses mostrarán as súas habilidades a todo o público asistente. Dita música estará a cargo do alumnado das diferentes especialidades do centro para que os invitados tamén poidan coñecer os instrumentos de forma individual e tamen de forma conxunta coa actuación final da orquestra do conservatorio.
Os centros convidados nesta edición son:
- CEIP de Baltar
- CEIP dos Blancos
- CEIP Rosalía de Castro
- CEIP Carlos Casares