Unha aula viva dentro dun pobo que aprende

Unha aula viva dentro dun pobo que aprende

Garantindo espazos para a reciprocidade pedagóxica

Na última semana tivemos dúas visitas que nos encheron de orgullo pero moito máis de responsabilidade porque significan que Lodoselo, que o CDR O Viso aporta un gran, aínda que sexa pequeno, á colleita formativa en diferentes puntos do País.

O IES Chapela pensou en nós para inspirar ó seu profesorado. Fai anos que imparte en Redondela, entre outros estudos, os ciclos formativos de Atención a Persoas en situación de Dependencia e Educación Infantil. Dende alí veu unha nutrida representación docente para coñecer o noso proxecto, nomeadamente a nosa capacidade de irnos adaptando ás necesidades e retos dun medio rural que dende ópticas urbanas sen ve con certo exotismo. As mestras levaron para o seu celeiro pedagóxico a nosa teima por coidar (por coidar-me, por coidar-te, por coidar-nos) e as infinitas manifestacións que pode alcanzar este servizo á comunidade.

13 11 17 7.admin.IES Chapela 5 web

Máis cerquiña, en Ourense, o CIFP Portovello forma a profesionais das mesmas disciplinas que o IES Chapela ademais de Integración Social e Animación Sociocultural e Turística, dende onde nos visitaron para coñecer a interpretación práctica e concretar do que ata agora ven nos libros e lle contan as profesoras. Un alumnado concienciado e formado é unha garantía para unha sociedade que cada vez demanda máis profesionais no eido sociocultural.

13 11 9 11.admin.IES Chapela 1 web

E aprendemos. Con cada persoa que nos fala, aprendemos. Con cada persoa que nos escoita, aprendemos. Esta semana serviunos para practicar a reciprocidade pedagóxica, e prestounos como lle presta a un avó contarlle un conto a unha neta que lle engade cousas e á neta escoitar o conto do avó coas súas propias achegas.
Esta actividade forma parte do Programa Integral, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, dentro da subvención para a implantación de programas de interese social con cargo á asignación fiscal do 0,7% do IRPF.

13 11 9 53.admin.IES Chapela 2 web