Os alumnos e alumnas da comarca gozaron de "Os Sons do Circo"
16:30 14/05/25
16:30 14/05/25
Organizado polo Conservatorio de Xinzo xunto co Concello de Xinzo
Hoxe a mañá no Auditorio Ángel Cocho encheuse de maxia, cor e música co concerto didáctico “𝗢𝘀 𝗦𝗼𝗻𝘀 𝗱𝗼 𝗖𝗶𝗿𝗰𝗼”, organizado polo Conservatorio Xinzo de Limia.
Os alumnos e alumnas de infantil e primaria dos centros de Baltar, dos Blancos, o CEIP Rosalía de Castro e o CEIP Carlos Casares, gozaron dun espectáculo único, onde o circo e a música uníronse para achegar o mundo dos sons dun xeito lúdico e participativo.
A actividade englobase no programa que leva a cabo o Conservatorio ao longo do curso para fomentar e difundir a música entre o propio alumnado e o resto de rapaces da comarca.