Xinzo mellora a súa rede de saneamento cun investimento de 38.000 euros para reducir perdas de auga

Xinzo mellora a súa rede de saneamento cun investimento de 38.000 euros para reducir perdas de auga

O investimento foi posible grazas á convocatoria de subvencións da Consellería de Medio Ambiente

 Concello de Xinzo de Limia vén de executar unha nova actuación de mellora na súa rede de saneamento grazas á concesión dunha axuda de 38.000 euros destinada a reducir perdas de auga e optimizar a eficiencia da infraestrutura municipal.

A intervención, centrada na instalación dunha nova redutora, permitirá minimizar as infiltracións e reforzar a conservación dos recursos hídricos, beneficiando directamente ao servizo que se presta á veciñanza.

MAR00474

O investimento foi posible grazas á convocatoria de subvencións da Consellería de Medio Ambiente, ao abeiro do programa de apoio a concellos de menos de 20.000 habitantes. Xinzo foi un dos municipios seleccionados entre os 23 da provincia que recibiron financiamento na edición de 2024.

O alcalde e o tenente de alcalde acompañaron esta mañá ao delegado territorial da Xunta na visita á nova instalación, destacando o valor da colaboración institucional para seguir avanzando na modernización das infraestruturas básicas do municipio.

MAR00449