O alcalde responde ante a "denuncia" do PSdG-PSOE

O alcalde responde ante a "denuncia" do PSdG-PSOE

Mentras o Concello non teña a autorización da Confederación non poden facerse cargo do servicio.

A raíz da nota de prensa enviada polo PSdG-PSOE, sobre a situación que están a vivir os veciños e veciñas de Gundín, Dendealimia púxose en contacto co alcalde, Amador Díaz.

Os veciños de Gudín levan sen auga potable dende fai tempo. No concello din que dende o primeiro momento que se decataron do problema, puxéronse a traballar man a man con Viaqua, empresa encargada do subministro de auga. Leváronse a cabo analíticas sobre a calidade da auga, dando como resultado que a auga non era potable.

O concello ofreceu a posibilidade de facerse cargo do servizo, a través da distribuidora Viaqua. Para dita cesión os veciños e veciñas tíñanse que por de acordo, isto demorouse moito tempo. No último pleno celebrado, levouse a cabo a aceptación da xestión deste servizo. 

Dende ese momento remitiuse a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, para que aceptaran dita concesión, agora mesmo en palabras do alcalde: " Estase con esa tramitación, cónstame que incluso, fai 15 ou 20 días, pediron mais documentación, antes de onte volveron pedir mais documentación, e eu creo que nuns días se solucionará, nos non podemos facer un sistema de cloración mentres non nos fagan esa cesión a confederación."

Mentres se espera pola concesión, o concello está levándolle os veciños e veciñas auga embotellada, de xeito periódico. Dende Viaqua xa teñen preparados os mecanismos de cloración e todo preparado, para que non momento que o concello consiga o permiso, facer a obra, que durará un ou dous días, e por así solución o problema.

Xa para rematar, Amador Díaz, quere recalcar que: "Darémoslle, si é necesario, unha copia de todos os movementos que houbo, tanto da Confederación, como dos procedementos, non temos nada que ocultar, porque está sendo seguido, non hai ningún problema."