​Xinzo acollerá a VI Andaina Solidaria da Cruz Vermella o vindeiro 1 de xuño

​Xinzo acollerá a VI Andaina Solidaria da Cruz Vermella o vindeiro 1 de xuño

Esta iniciativa conta coa colaboración do Concello de Xinzo de Limia, a Policía Local e a Protección Civil.

A Cruz Vermella organiza a VI edición da súa Andaina Solidaria na comarca da Limia, que terá lugar o domingo 1 de xuño con saída ás 10:00 h desde a Praza Carlos Casares de Xinzo.

A actividade contará cun percorrido de 10 km e está aberta a todas as persoas que queiran participar e contribuír cun fin solidario. A inscrición ten un prezo de 8 € e inclúe un boleto do Sorteo de Ouro, avituallamento e participación no sorteo de agasallos ao remate da andaina.

As inscricións poden realizarse ata completar prazas na:

  • Asemblea Comarcal de Cruz Vermella en A Limia (Rúa Río Arnoia, 14 – Multicentro)
  • Centro Sociocomunitario de Xinzo de Limia (Rúa Río Támega, 2)

Esta iniciativa conta coa colaboración do Concello de Xinzo de Limia, a Policía Local e a Protección Civil.

A Cruz Vermella lembra que todos os fondos recadados irán destinados a proxectos sociais dirixidos a persoas maiores, dentro da campaña “O que facemos polas persoas vale ouro”.