O A.B.Xinzo descende

Foto do adestramento do venres
O A.B.Xinzo descende

Os de Senior perderon 61-78, contra o Rias Baixas

Os do A.B.  xogábanse a permanencia. Un partido un tanto accidentado, primeiro apareceu un helicóptero no aparcamento e houbo que mover os coches para que puidera aterrizar, este contratempo descolocou o inicio de partido, demorando o comezo. Despois unha lesión dun dos xogadores do Rias Baixas provocou un parón de 30 min, tanto cambio de tempos provocou nos xogadores do A.B. unha gran desconcentración, ansiedade e nerviosismos, que os levou a tomar malas decisións que se demostraron no terreo de xogo. 

So necesitaban perder por 14 ou menos puntos para acadar a permanencia, pero perderon por 17, isto colócaos nun 5º posto, onde estaban igualados con Galogrin e Rias Baixas. Pero eses 3 puntos lévanos a ese posto e segundo as bases da competición, nese posto o equipo descende. Ainda que haberá que esperar ata agosto para saber se manteñen o dereito a categoría.

O A.B. Xinzo é un equipo no que practicamente o 90% son da canteira, excepto Yanko, que viña da República Dominicana pero con familia aquí, algo do que se senten orgullosos e polo que van a seguir apostando. Con ela ascenderon, con ela chegaron a segunda división, onde xogaron unha boa temporada, con 16 vitorias e 12 derrotas. Comezaron coa Fase 1, onde quedaron a 1 vitoria de xogar polo título, e xa na Fase 2, por só 3 puntos, por só unha tripla, quedan en 5º posto. Neste último partido, xogaron en casa cunha grada espectacular, onde o público limiao volcouse cos xogadores, pero non puido ser.

Imagen de WhatsApp 2025 05 18 a las 22.32.11 82bed3ac

Imagen de WhatsApp 2025 05 18 a las 22.32.11 4da77670

Agora toca tempo de análise, analizando erros, puntos fortes e como mellorar para a seguinte tempada.

Imagen de WhatsApp 2025 05 18 a las 22.31.06 8019e37f