Horticolas Galegas sen resposta do Concello

Horticolas Galegas sen resposta do Concello

Dadas as choivas sofren de anegacións e non atopan solucions institucionais.

As choivas levan causando estragos en Hortícolas Galegas, dende fai dous anos. Cada vez que chove teñen problemas, tanto o aparcadoiro da empresa, como a entrada para a carga e descarga de camións enchese de auga que non conseguen achicar.

IMG 5391

Cando comezaron os problemas puxéronse en contacto co concello, xa que os sumidoiros conectan cos do polígono industrial, ata alí desprazouse o alcalde, Amador Díaz, e o concelleiro de obras, Ramón Gómez, ao ver a situación, despois de valorar posibles solucións, pedíronlle a José Rivero (dono da empresa) que colocase un tapóns especiais para que non entrara auga. 

IMG 5392

E así foi, José instalou dito sistema, pero iso non funcionou, xa que a presión que trae o sumidoiro os días de choiva, non permite que funcione. De momento usan bombas de achique as 24 horas. O ano pasado aconteceu o mesmo, o concello mandou cisternas para baleirar, pero non foron suficientes, xa que a empresa tivo que contratar mais, pero o problema continuou.

IMG 5394

Como diciamos este problema ven dende fai 2 anos, o ano pasado mandaron un escrito, e agora mesmo a situación continua sendo a mesma, pero sen resposta do concello. Incluso barallaron a posibilidade de querellarse contra eles pola situación de abandono que sofren. Eles non buscan unha indemnización, buscan solucións.

Tamén falaron con Viaqua para acadar unha posible solución, pero o problema é que o motor é moi pequeno entón non da bombeado o suficiente para a depuradora.

Hortícolas galegas é unha empresa de alimentación, e esta situación supón un risco, xa que se a auga continua moita tempo pode ser un campo de cultivo para bacterias que afectarían a mercancía. De feito, en ocasións as balsas de auga son tan grandes que impiden que os camións carguen, tendo que cargar fora, co que implica unha maior demora, persoal e un risco añadido.

IMG 5406

Na zona non hai cunetas, non hai outro sistema de desaugue polo que se ven impotentes ante a situación, a estrada recentemente arranxada, volve a estar danada, xa que os camións pasan por alí e o estar inundado teñen que circular con precaución.



Video do aprcadoiro da empresa o luns pasado.