Os deputados do PP de Ourense denuncia o desmantelamento dos cuarteis na Baixa Limia

Foto do exterior do cuartel de Bande
Os deputados do PP de Ourense denuncia o desmantelamento dos cuarteis na Baixa Limia

O Goberno Central non contesta con “claridade e contundencia” ás preguntas dos populares ourensáns sobre o desmantelamento de cuarteis no rural, especialmente na Baixa Limia

 Partido Popular denuncia a “inconsciencia” do Goberno de Pedro Sánchez que trata aos cidadáns do rural como “cidadáns de segunda”, nunha “cruzada contra o Interior” que busca desmantelar os cuarteis da Garda Civil, un servizo esencial para a seguridade da veciñanza. Os deputados populares pola provincia de Ourense Ana Vázquez, Rosa Quintana e Celso Delgado critican o “silencio submiso” e a “falta de claridade e contundencia” do Goberno central ante as preguntas realizadas polos deputados sobre a situación de mal estado do Cuartel da Garda Civil de Bande e sobre a reestruturación dos centros de Bande, Lobios e Lobeira.  “O Goberno de Sánchez despreza o rural e desfaise de servizos básicos para a seguridade cidadá, un dereito social básico”, advirte Ana Vázquez, que alerta da “cadea de perdas doutros servizos” se o Goberno central non “frea urxentemente” o desmantelamento de cuarteis.

Os deputados populares afean ao Goberno central proceda a unha reestruturación de cuarteis no rural. “Nin confirman nin desmenten que os cuarteis pechen ou sufran cambios horarios, mentres sobre o terreo hai centros nos que se xa solo se poden presentar denuncias presenciais algúns días”, avisa Vázquez. Neste sentido, lembra que a vertebración do territorio “debería ser unha das preocupacións dun Goberno que, pola contra, nin está nin se lle espera no rural”.

“O señor Sánchez non debe saber que no rural tamén hai delitos o resto da semana, é o colmo do absurdo non poder facer denuncias presenciais segundo o día que sexa”, denuncia a deputada popular.

Tamén critica a “ignorancia” do Goberno central ante a realidade dos territorios rurais, tachando de “surrealista e desconsiderada” a proposta de que a seguridade cidadán nestas zonas “se fíe case unicamente a aplicacións tecnolóxicas e a vías telemáticas coas que nin toda a poboación está familiarizada nin toda a poboación ten acceso”.

Por outra banda, critican a resposta do Goberno ante a pregunta sobre previsións de obras de mellora do deficiente cuartel de Bande. “É incrible que non pensen levar a cabo actuacións nun cuartel que pide a gritos un lavado de cara”, sinalan os populares.

Apoio na Comisión de Interior do Congreso

Os deputados populares lembran que a Comisión de Interior do Congreso dos Deputados deu esta pasada semana luz verde a unha Proposición non de Lei (PNL) -impulsada polo Partido Popular-, que insta ao Goberno a garantir a seguridade nas zonas rurais como un dereito social fundamental e a deter o plan de reorganización da Garda Civil. Neste sento, a deputada Ana Vázquez cualifica de “inaudito” que a pesar da presentación destas iniciativas populares, “o Goberno de Sánchez cala, polo que entendemos que vai pechar os cuarteis da Baixa Limia”.