A mecánica a adquiren súper rápido. Hai que traballalo a principio, como todo, pero despois vai rodado.
"Os rapaces, as veces non len, simplemente descodifican símbolos"
A etapa de infantil a maioría das veces é a máis esquecida do sistema educativo.(Eva e Ana)
Eva María González López e Ana María Lorenzo Dávila son as autoras a catro mans dun libro no que plasman e recompilan, despois de moitos anos de experiencia, o seu método de ensinar. Unha maneira diferente, pero segundo din, non solo elas se non as moitas compañeiras e compañeiros que o seguen noutros centros de Galicia enteira, moito máis efectiva e gratificante, tanto para o alumnado, como para elas mesmas como profesoras, neste caso ao alumnado de infantil, da que son mestras.
Tristemente despois de moitos anos xuntas se van a separar polo traslado, voluntario, de Eva a Ourense, co que non dubidamos que o centro Carlos Casares de Xinzo, perde un dos seus activos importantes, aínda que Ana, que se queda, ata que a “boten da casa”, non o da todo por perdido, porque unha das “profes” que vai a vir para o centro pediu encarecidamente asistir a presentación do libro para pórse ao día para cando chegue setembro.
Como se pode comprobar nas fotos, outra das cousas que destaca nestas profes e a alegría que transmitiron durante toda a entrevista, e iso di moito do agusto que están no seu e co seu traballo.
É un libro escrito á 4 mans ou dous libros escritos á 2 manas?
É un libro escrito á 4 mans.
CEIP Carlos Casares, centro no que exercen como "profes" de infantil Eva e Ana
Como xurde a idea do libro?
A ver, todo empezou, porque nos traballamos de unha maneira un pouco diferente a como traballan noutros coles. Entón decidimos plasmar a nosa forma de traballar nun libro de forma gráfica para que a quen poida axudar, pois que axudemos. Tamén é certo que á través de “Insta”, que nos sigue moita xente e un pouco a agradecemos, pois nos pedían moito axudádenos, nos queremos facer así, non sei que tal. E entón o que fixemos foi unha recompilación de todos estes anos de traballo xuntas, explicando un pouco a metodoloxía por estacións de aprendizaxe e a plasmamos con diferentes modelos, ou exemplos, ou propostas para que a quen poida servir, pois aí estamos para axudar.
Como se chama o método?
Nos chamámoslle Estaciones de aprendizaje. É unha forma de organizar a aula, na que facemos varios grupos, organizados en tempo, en espazo, en material, e os peques tamén se organizan en grupos e van pasando polas distintas actividades que se presentan neses espazos e de forma rotativa, de tal forma que en ningún momento están os 20 ou os 21 que temos na aula facendo a mesma actividade, si non que están facendo diferentes actividades en pequeno grupo. É iso a nos, nos permite atender as individualidades de forma máis axeitada e máis pendente de cada peque que está alí.
Diferenciados por anos de infantil ou toda infantil é un curso enteiro?
Non, nos fixemos propostas adaptadas un pouco. Si que é certo que a nos, non nos gusta falar de idades, pero si que dentro de infantil hai diferentes niveis, evidentemente.
Non é igual un neno que acaba de entrar ou unha nena en tres anos, que sexan cinco. Entón si que fixemos nos tres niveis de infantil. Non so fixemos propostas para infantil pero si que é certo que a metodoloxía si que se utiliza en primaria tamén e a xente que a utiliza está funcionando porque é moi individualizada.
Hai bibliografía para primaria e secundaria, hai bibliografías e hai libros editados, pero a xente o que nos comentaba era que faltaba esas referencias para infantil, telo todo recollido, porque inda que nos vaiamos a centros a facer cursos e impartir cursos a través do CFR sobre a nosa metodoloxía, faltaba un compendio de todo iso. Por iso xurde un pouco o libro. Porque as veces infantil é a gran esquecida, pois dálle un pouquiño de peso a etapa que para nos é a máis importante.
CATRO ESPAZOS DIFERENTES
Tempo, espazo... Tempo, espazo, materiais e recursos persoais. Ao principio da moito mais traballo, digamos, o máis difícil. Pero, unha vez que colle ese hábito, e, sobre todo, cando ves os resultados na aula, porque o teu alumnado traballa exactamente igual si tu estás presente como se ti non estás. Si ti tes que saír a atender un compañeiro, gardar notas na mochila ou algunha cousa, eles van seguir facendo o mesmo.
Unha vez que colle ese hábito, é como unha rutina. É seguir unha rutina. Claro que non é coller un libro de texto, é seguir un libro de texto.
Este método esixe moita máis programación.
Certo que esixe moita máis programación. Si moito máis traballo por parte do profesor, por que tes que levalo todo, ou, como di Ana, tes que levar todo moi ben organizado, en tempo e en material, porque se ti non elevas os materiais que necesitas para cada unha das propostas, perdiches a proposta. Tes que estar todos os días preparando material. Claro, exactamente.
O que facemos son catro propostas para dous días. Entón, os días teñen diferentes materiais. Pero bueno, utilizamos o material que hai na aula, evidentemente.
... O que pasa é que eu creo que a veces as profes de infantil perdemos o norte e non lle damos importancia a actividades que teñen moitísima importancia. Incluso ese momento libre, ou plastilina, esa gran esquecida, que parece que a plastilina e que non están facendo nada, e que están traballando un montón de destrezas básicas para a lectura e a escritura.
E, o feito de ter unha estación con plastilina, eles están traballando moitísimo. Entón, si que é certo que tes que ter en conta os materiais, tes que programalo moito, pero son materiais que temos na aula, que están a man.
Vos estades dando cursos CFR sobre o voso sistema. Sabedes de cuantos colexios máis ou menos están seguindo xa o voso sistema?
Non temos idea, pero moitos.
O bo que ten é que se pode adaptar. Si ti tes unha metodoloxía concreta para traballar a lectura, a escritura, as matemáticas, adaptase. Si ti estás traballando por secuencias didácticas, adaptase. Traballas por grafismos creativos, tamén se pode adaptar.
Como nace este método?
Descodificar unhos símbolos. E iso realmente ler?
Foi ó encontrarte con clases moi numerosas desde o principio que chegamos aquí. E ver que ao facer todos o mesmo ao mesmo tempo, non daba resultado para atender as necesidades de cada neno individualmente, de cada nena. E a nos, como mestras, tampouco nos servía, tíñamos a impresión , como que perdíamos o tempo.
A veces sentes, como mestra, sentes que te perdes. Que hai nenos que, ou porque destacan por abaixo ou porque destacan por arriba que sempre dicimos que os que destacan por arriba son os grandes esquecidos porque como todo resolven rapidamente pois non lle facemos falta, digamos. E pobres, pois o mellor podiámoslle dar máis, que les poden absorber máis.
E canto tempo levades xuntas, traballando no mesmo cole?
Desde 2010. Non empezamos como paralelas, non íamos no mesmo nivel, eso xurdiunos anos despois, pero no mesmo cole desde 2010. Paralelas este o décimo curso.
Fixemos tres promocións xuntas este ano de tres anos. Pero bueno, antes de ser paralela ela foi o meu apoio dous anos, di Ana, polo que en realidade levamos 12 anos.
E unha pregunta que non sei si me ides a contestar contestar que, que din os pais? Que sempre son aos que máis lles costa ver os cambios e admitilos.
Costou bastante, de feito na primeira promoción houbo papás ou familias que se prantexaron seriamente cambiar os nenos de colexio “porque dicían, estas dúas están locas”. É que non ían aprender nada porque non teñen libro, non hai nada.
E non van a ler cando teñan 5 anos ....
O mellor non len, claro, non lle fai falta ler cando teñan 5 anos. E con o método tradicional, tíñamos 24 que... Si, podían ler, pero non entendían, descodificaban textos.
Descodifican unhos símbolos. Unhos símbolos, claro, exactamente ,que nos din que soa de esa maneira, pero eu non sei porque soa, nin sei que di aí. E iso realmente ler?
Algo sucede. E non podemos dicir que a culpa é do alumnado que cada día ven peor. Vale, non.
Estamos de acordo que a sociedade as veces non sabemos cara a onde evoluciona. Pero os profesos son os que nos temos que adaptar a esa evolución.
E que non sempre dicimos que a sociedade non é a mesma que fai dez anos nin oito. Pero que as clases moitas veces seguen sendo as mesmas. Se a sociedade cambiou, porque a nos, como mestres, nos costa tanto cambiar?.
A mecánica a adquiren súper rápido. Hai que traballalo a principio, como todo, pero despois vai rodado.
Cando se presenta o libro?
O sábado en Ourense, no edificio Marcos Valcarcel editado por Saraalejandría, coa que xa temos outros libro publicados.
Xinzo a 21.05.2025