4ª Edición do ciclo "Rock entre Pedra e Poesía"

4ª Edición do ciclo "Rock entre Pedra e Poesía"

O grupo Los Secretos actuará o 22 de agosto no claustro do Mosteiro de San Salvador de Celanova

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou onte a mañá, acompañado do director da área de Cultura e Deporte da Deputación Provincial, Marcos Vázquez, e do alcalde de Celanova, Antonio Puga, na presentación da cuarta edición do Ciclo Rock entre pedra e poesía, que se celebrará no Claustro do mosteiro de San Salvador de Celanova o 22 de agosto co concerto de Los Secretos.

220525 Presentaciu00f3n concerto Celanova IV 3

O delegado territorial sinalou que iniciativas como as que hoxe estamos a presentar, patrocinadas por Turismo de Galicia, coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense e do concello de Celanova, teñen como principal obxectivo, que a través da música de sempre, se resalten espazos de incalculable valor patrimonial e cultural como ten a provincia de Ourense.

Un modelo de evento que consiste nun formato cercano e deseñado acorde ao lugar onde se desempeña, deste xeito o claustro será a mellor escenografía posible para o espectáculo. Estes concertos están diseñados para un público asentado que disfrute de música de alta calidade en directo de maneira repousada e que saberá apreciar este evento respectando un marco único e incomparable

O prezo das entradas, xa á venda en Ataquilla.com, teñen un prezo individual de 36 euros máis gastos de xestión da empresa distribuidora en venda anticipada, e 40 euros o mesmo día do concerto. O aforo do mesmo terá un máximo de 800 persoas e a hora de comezo será ás 22,00 horas.