A Agrupación Musical da Limia participará no XVIII Certame Galego de Bandas de Música Populares

A Agrupación Musical da Limia participará no XVIII Certame Galego de Bandas de Música Populares

O XVIII Certame Galego de Bandas de Música Populares contará por vez primeira cunha banda suramericana

A Federación Galega de Bandas de Música Populares vén de anunciar as formacións participantes na décimo oitava edición do Certame, que terá lugar os días 18 e 19 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra. O evento, patrocinado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), e co apoio do Concello e da Deputación de Pontevedra, acada este ano o maior número de bandas non galegas dende a súa creación.

O Certame consolida por segundo ano consecutivo a súa celebración na cidade do Lérez e contará con 18 agrupacións distribuídas en cinco categorías: sección infantil, xuvenil, terceira, segunda e primeira. Máis de 1.000 músicos subirán ao escenario nunha edición que marca un fito na historia do evento, ao recibir por primeira vez unha banda procedente de fóra da península ibérica.

Xunto a 11 bandas galegas, participarán agrupacións de León, Portugal e Colombia, nunha mostra do crecemento e internacionalización deste encontro anual.

SECCIÓN INFANTIL:

- Banda Infantil da Unión Musical de Meaño

- Banda Infantil de la Escuela de Música de Veguellina de Órbigo (León)

- Chikiband 2.0 (Xinzo de Limia)

SECCIÓN XUVENIL:

- Banda de Música Xuvenil de Arca

- Banda Sinfónica Juvenil de Caldas (Colombia)

- Banda Escola da Banda de Música Municipal da Estrada

- Banda Xuvenil da Agrupación Músico Cultural de Ribadumia

SECCIÓN TERCEIRA:

- Unión Musical de Coruxo

- Ateneo Musical de Bembrive

- Banda de Música Popular de Tui

- Banda de Música Municipal de Padrón

- Unión Musical de Tenorio

SECCIÓN SEGUNDA:

- Banda Filarmónica Ovarense (Portugal)

- Banda de Música Juventudes Musicales Universidad de León (León)

SECCIÓN PRIMEIRA:

- Banda Musical de Loivos (Portugal)

- Banda Artística de Merza

- Banda Musical de Sâo Cipriano “A Nova” (Portugal)

- Banda Nova de Fermentelos (Portugal)

Cada banda deberá interpretar unha peza de presentación, unha obra de libre elección e outra de autoría galega escollida pola organización entre as premiadas en anteriores edicións do Concurso Galego de Composición. As obras seleccionadas son:

- Diálogos con Arturo Souto, de Álvaro Cámara

- O soño de Luzbel, de Vicente Carrasco

- A viaxe de Teucro, de Carlos Rodríguez Torres

- O bosque dos druídas, de Francisco José Villaescusa López

- A miña primeira rapsodia, de Sergio Rodríguez

O Certame poderá seguirse mediante emisión en directo a través das redes sociais da Federación e será de acceso gratuíto para o público. A información do Certame irase completando nos vindeiros meses na web https://bandas.gal/evento/xviii-certame-galego-2025/