Aos equipos do A.B. Xinzo xa non queda nada para coller vacacións.
Ultimo partido da temporada do mini galego 2013 de Liga Galega, outro resultado digno da NBA, un marcador de 88-111 para os nosos, un bo remate para os minis 2013.
Senior
Ainda que xa remataron a semana pasada, atópanse a espera da saber se continúan en Segunda División Galega, aínda que as posibilidades son remotas, loitaran por elas.
As sénior femininas xogaran a semana que ven o seu último partido contra Depordima.
Cadetes
As cadetes femininas gañaron onte a tarde contra o Allariz. Agora mesmo teñen que esperar a última xornada para saber si se clasifican para as semifinais de copa. A próxima xornada, xogaran contra Carmelitas en Xinzo.
Infantil
Os equipos masculinos infantís gañaron os dous. O masculino 2011 gañoulle a Maside, e os masculinos 2012 conseguiron a primeira vitoria da temporada, contra Maristas.
Os dous equipos infantis femininas perderon, as 2011 perderon contra Bosco, e as 2012 no súa visita ao Barco.
Minis
O mini masculino 2013, remataron a temporada de Liga Galega, cun partido digno da NBA, cun marcador de 88-111, os do A.B. saíron vitoriosos.
As minis femininas 2013, remataron a temporada onte, cunha derrota moi axustada onde gañou Carmelitas a Copa.
Os minis masculinos 2014, tiveron dobre xornada, perderon o venres a tarde contra Depordima, e o domingo contra EDO BA Prácticas, dando por remata a competición.
Preminis
Os preminis masculinos, remataron temporada, o sábado a maña contra o Bosco, con derrota para os limiaos.
Babys
Reunironse o venres no Escoliñas, celebrado en San Cibrao de Viñas, último Escoliñas da temporada. E o sábado foron o Barco a última xuntanza Baby da temporada.