XIII Abraço ao Rio Lima: Un xesto simbólico pola protección do noso río común

XIII Abraço ao Rio Lima: Un xesto simbólico pola protección do noso río común

O venres pasado os alumnos e alumnas de Xinzo foron a Ponte de Lima para abrazar o río Lima,xuntos cos alumnos e alumnas locais, o 11 de xuño serán os alumnos e alumnas portugueses os que veñan abrazar o río Limia.

Este venres tivo lugar en Ponte de Lima unha nova edición do Abraço ao Rio Lima, unha actividade de educación e sensibilización ambiental que reuniu a máis de mil crianzas galegas e portuguesas nun xesto colectivo de unión e respecto pola natureza.

Unnamed (54)

Durante a xornada, o Concello de Xinzo de Limia e o Município de Ponte de Lima, representados polo Presidente da Cámara Municipal, Vasco Ferraz, e o concelleiro de Cultura e Relacións Institucionais de Xinzo, Carlos Gómez, asinaron un protocolo de colaboración institucional. O acordo ten como obxectivo reforzar o compromiso mutuo na posta en valor do río Limia e fomentar a sensibilización cidadá sobre a súa importancia como principal recurso hídrico compartido.

Unnamed (52)

O acto central, celebrado ás beiras do Lima, consistiu nun gran abrazo colectivo ao río, protagonizado polo alumnado participante, entre eles os nenos e nenas do CEIP Rosalía de Castro e do CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia. O xesto simbólico, con forte valor pedagóxico e emocional, puxo de manifesto a necesidade de coidar este patrimonio natural común.

A iniciativa terá continuidade o vindeiro 11 de xuño, cando Xinzo de Limia acolla ao alumnado portugués para devolver o xesto de amizade. As crianzas visitantes participarán nun novo abrazo simbólico e coñecerán as fontes do río Limia, situadas no corazón da comarca da Limia.

Unnamed (55)