​O CIDADE DE ANTIOQUÍA NA LOITA POLA LEGALIZACIÓN DO SEU SINDICATO DE ESTUDANTES.

​O CIDADE DE ANTIOQUÍA NA LOITA POLA LEGALIZACIÓN DO SEU SINDICATO DE ESTUDANTES.

O IES Cidade de Antioquía está a poucos pasos de, por vez primeira na súa historia, ter un apoio firme para os dereitos do seu alumnado que, aínda que nunca se viron fortemente afectados, sempre estarán ben resgardados co sindicato da súa man.

Durante os últimos meses o consello estudantil do IES Cidade de Antioquía, con Sabela Álvarez Veloso como coordinadora, estivo reunindo todo o necesario para afiliar o centro de maneira legal ao Sindicato Español de Estudantes, algo que debería terse feito hai ben anos considerando que xa é un centro veterano na educación obrigatoria e pos obrigatoria.

Cando a Sabela lle entregaron un sobre con información sobre o 8M por formar parte do consello, non esperaba atopar ademais información sobre o Sindicato de Estudantes e, tras preguntar no centro, decatouse de que o Cidade de Antioquía non estaba afiliado a el. Un feito relevante que se esquecera, pois ao legalizalo, sempre haberá unha organización á que recorrer se os dereitos do alumnado se visen atacados dun xeito ou outro.

Foi nese momento cando Sabela, estudante de 2º de Bacharelato, comezou a traballar arreo para levar o seu instituto até o sindicato antes de acabar o ano lectivo. Para isto, reuniu unha Xunta Directiva formada por outros membros do consello escolar: Álex Prol e Shaila Gónzalez, de 4º da ESO; e compañeiras do centro que se animaron a participar nesta tarefa: Abril Álvarez e Andrea Barge, ambas de 1º de Bacharelato. Os cargos quedaron repartidos do seguinte xeito: Sabela foi nomeada coordinadora; Álex, responsable de acción sindical; Shaila, responsable de feminismo e LGBTI; Abril, tesoureira; e Andrea, responsable de comunicación. Ademais, tamén recrutou a dúas profesoras: Tania Gónzalez, mestra de inglés; e Anais Fernández, mestra de filosofía; ambas necesarias como xestoras da Asociación segundo a guía de legalización. Deste xeito, a Xunta quedou organizada tras unha breve reunión e un par de firmas.

Agora, os documentos necesarios están a espera de seren enviados por esta, mais precisase antes o apoio dunha pequena porcentaxe dos estudantes do centro para poder ser aceptados no Sindicato, algo que xa se levou a cabo mediante a recollida de datos dos alumnos de xeito voluntario nas últimas semanas.

O IES Cidade de Antioquía está a poucos pasos de, por vez primeira na súa historia, ter un apoio firme para os dereitos do seu alumnado (como o de dereito a folga, á liberdade de expresión, á liberdade de opinión...) que, aínda que nunca se viron fortemente afectados, sempre estarán ben resgardados co sindicato da súa man.

D. Rivero Meno