O concello de Vilar de Santos crea un Rexistro Municipal para persoas electrodependentes
Co obxectivo de reforzar a súa protección e atención en casos de emerxencia ou cortes no suministro eléctrico.
O Concello de Vilar de Santos pon en marcha un rexistro municipal de persoas electrodependentes, co obxectivo de reforzar a súa protección e atención en casos de emerxencia ou cortes no suministro eléctrico.
Este rexistro permitirá identificar e dar resposta prioritaria ás necesidades das personas que dependen de dispositivos eléctricos para a súa saúde, garantindo unha mellor coordinación dos servizos municipais ante posibles incidencias.
As persoas interesadas poden cubrir o formulario de inscrición dispoñible na páxina web do Concello, premendo no seguinte enlace ou acudir directamente aos Servizos Sociais para recibir axuda na tramitación.