O Concello de Xinzo de Limia continúa as obras de mellora do saneamento na rúa Cerdeiro
O vindeiro luns, 2 de xuño, non se poderá aparcar na marxe esquerda da rúa (acceso desde San Sebastián)
O Concello de Xinzo de Limia segue avanzando na renovación das infraestruturas básicas da vila coa execución das obras de mellora da rede de saneamento na rúa Cerdeiro. Os traballos, que supoñen un investimento de 47.997,63 euros con fondos propios, inclúen a substitución de 150 metros lineais de tubaxe, co obxectivo de solucionar os problemas derivados dunha rede obsoleta e cun diámetro insuficiente para o actual nivel de ocupación da zona.
A actuación dá continuidade ás melloras realizadas previamente coa instalación de válvulas de aumento de presión, e responde á necesidade de dotar ao barrio dun sistema máis moderno e eficaz.
O Concello informa tamén de que, o vindeiro luns, 2 de xuño, non se poderá aparcar na marxe esquerda da rúa (acceso desde San Sebastián), xa que será preciso deixar libre ese espazo para permitir o correcto desenvolvemento das tarefas.
Estas obras forman parte dun plan de renovación progresiva das redes de abastecemento e saneamento, co obxectivo de garantir a calidade dos servizos públicos e responder ao crecemento da poboación en diferentes zonas da vila.